xoves, 10 de decembro de 2020

GALICIENCIA 2020

 Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato e que permanece aberto para o público en xeral. 

Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

O alumnado de 4º, 5º e 6º estamos esta semana participando online desde o noso centro.

Pulsa na imaxe:



Ningún comentario:

Publicar un comentario