venres, 29 de abril de 2022

Mes de Abril-Pilulas científicas

Ás veces resulta interesante facer "Ciencia Espres" e experimentar cousiñas moi sinxelas para ver que podemos ser grandes científicos sen demasiadas cousas pero con moito interés e creatividade...

"A CIENCIA MOLA"






xoves, 21 de abril de 2022

Deseño 3D

O alumnado de 5º e 6º coa a colaboración de Luis do CENTRO GALEGO de ROBÓTICA, tiveron dúas sesións superinteresantes de deseño en 3D, a través da aplicación Tinkercard

O alumnado traballou con moito esmero e con esforzo  e con paciencia acadou o seu primeiro deseño, un Chaveiro moi especial!!



sábado, 2 de abril de 2022

Video do 3º reto do grupo "Mil Mentes"

 E aquí vai o video do grupo "Mil mentes"




Videos do 3º reto de Galiciencia

Aquí deixovos os dous videos feitos pola rapazada de 6º...

Recordade que trata da ECONOMÍA CIRCULAR e eles estiveron pensando que cousiñas no noso entorno escolar e familiar poderíamos cambiar e así decidiron o seguinte:

  • Un grupo quere reutilizar o material escolar que imos tirar.
  • Outro grupo pensou como poderíamos reutilizar a auga que mal gastamos.
Previamente a este video curioso, propuseron no 2º reto como solucionar os problemas mencionados anteriormente.





Concurso de GALICIENCIA

 Un grupo de alumnos e alumnas de sexto de primaria están participando en GALICIENCIA concretamente no "DESAFIO CIENTÍFICO".

A actividade consiste en participar en tres retos distintos sobre Economía circular.

Aquí tedes a explicación da actividade:


O 3º reto consiste en subir uns videos ás redes sociais pero nós no cole non temos... entón imos subilos aquí, e decidimos facer un video cortiño e graciosos sobre a resolución do 2º reto.