xoves, 10 de decembro de 2020

GALICIENCIA 2020

 Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato e que permanece aberto para o público en xeral. 

Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

O alumnado de 4º, 5º e 6º estamos esta semana participando online desde o noso centro.

Pulsa na imaxe:



domingo, 6 de decembro de 2020

Mes da Ciencia: Robótica e Microbit

Durante este mes todos os cursos, desde infantil a 6º de EP, participamos  de distintas actividades relacionadas coa ciencia. Ademais das propias levadas a cabo nas aulas acompanáronnos dende AFundación con dous obradoiros de Robótica básica para os máis peques (Infantil, 1º,2º e 3º) e con Programación de Microbit dende 4º a 6º.

A experiencia foi moi motivadora e participaron con moito entusiasmo. 

Este vídeo é unha recopilación de fotos dalgúns momentos das actividades:


Para os que queirades seguir aprendendo un pouquiño máis sobre microbits, aquí tedes uns enlaces moi interesantes: