sábado, 30 de outubro de 2021

Xa chega o mes da Ciencia no cole

 


NOVEMBRO mes da CIENCIA

 

Novembro é un mes moi especial, porque é para nós o mes da ciencia en galego e dende a Academia homenaxean científicos que fixeron algo importante para a humanidade e recordannos que en Galicia tamén se pode facer ciencia.

Os Homenaxeados 2021 son: Alan Turing e Tarsy Carballás aquí tedes un enlace para saber máis destes científicos:



mércores, 20 de outubro de 2021

CLUB de CIENCIA 2021/22

 Empezamos un novo camiño polo noso club de ciencia, un ano máis estamos aquí para experimentar, vivenciar, coñecer... e desfrutar da ciencia.

Este ano queremos ser un club moito máis ecoloxísta ... por iso o lema deste curso vai ser:

Con CIENCIA ecoLÓXICA