domingo, 31 de xaneiro de 2021

11 de FEBREIRO - Día internacional da muller e a nena na ciencia

No mes de febreiro temos moito que celebrar, pero este curso por mor da Covid-19 e no momento que estamos vivindo, decidimos adiar tódalas charlas que íamos ter no centro para recordar esta data tan importante.

Pero temos a fortuna que o concello de Tomiño, tivo unha idea estupenda e para que poidades saber de que se trata deixámosvos aquí a información.

“VECIÑAS NA CIENCIA”, UNHA MESA REDONDA PARA ACHEGAR AS MÁIS NOVAS AO ÁMBITO CIENTÍFICOCINCO VECIÑAS DE TOMIÑO FALARÁN DA SÚA EXPERIENCIA PERSOAL EN ÁREAS CIENTÍFICAS TRADICIONALMENTE RELEGADAS AOS HOMESO próximo 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemoralo o grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño decidiu organizar un evento que visibilizase a mozas do municipio que escolleron a ciencia para formarse e adicarse a ela de xeito profesional. “Veciñas na Ciencia” é o título da mesa redonda que conformarán cinco mozas de Tomiño, cada unha especializada nunha rama científica diferente, onde falarán da súa experiencia persoal, as dificultades que atoparon á hora de procurar un emprego ou as diferenzas existentes cos seus compañeiros de estudos e de traballo, entre outros temas. 

O evento terá lugar o sábado 13 de febreiro ás 18:00 horas vía streaming e terá unha duración aproximada de unha hora e media. A idea é que o público tamén poida realizar preguntas se hai tempo e que a través delas se xere un debate. Non é imprescindible inscribirse pero si aconsellable. Poderase participar nel a través da plataforma Jitsi Meets e tamén poderá ser seguido a través da canle de youtube do voluntariado da OMIX. Toda a información está dispoñible na web municipal do Concello de Tomiño no apartado de Actividades no que se atopa o evento “Veciñas na Ciencia”.

 Pódese acceder a través da ligazón: https://tomino.gal/vecinas-na-ciencia-2021/