Un ano máis fixemos o Turonia, e este ao contamos unha vez máis cos Drons de Martín pero que non deixa de sorprendernos coa información tan clariña que nos explica.
Deíxovos un pequeno video.
Un ano máis fixemos o Turonia, e este ao contamos unha vez máis cos Drons de Martín pero que non deixa de sorprendernos coa información tan clariña que nos explica.
Deíxovos un pequeno video.
E neste fin de curso imos facer pequenos proxectos individuais e grupais de xeito práctico onde veremos que a ciencia é divertida, fácil, sinxela...e ao memso tempo moi moi Importante!!!
Ás veces resulta interesante facer "Ciencia Espres" e experimentar cousiñas moi sinxelas para ver que podemos ser grandes científicos sen demasiadas cousas pero con moito interés e creatividade...
"A CIENCIA MOLA"
O alumnado de 5º e 6º coa a colaboración de Luis do CENTRO GALEGO de ROBÓTICA, tiveron dúas sesións superinteresantes de deseño en 3D, a través da aplicación Tinkercard
O alumnado traballou con moito esmero e con esforzo e con paciencia acadou o seu primeiro deseño, un Chaveiro moi especial!!
Aquí deixovos os dous videos feitos pola rapazada de 6º...
Recordade que trata da ECONOMÍA CIRCULAR e eles estiveron pensando que cousiñas no noso entorno escolar e familiar poderíamos cambiar e así decidiron o seguinte:
Un grupo de alumnos e alumnas de sexto de primaria están participando en GALICIENCIA concretamente no "DESAFIO CIENTÍFICO".
A actividade consiste en participar en tres retos distintos sobre Economía circular.
Aquí tedes a explicación da actividade:
Rematamos a semana da nena e a muller na ciencia coa robótica que tanto nos gusta!!!
Esta semana vai ser moi especial e teremos algunha sorpresiña "moi robótica".
Aquí tedes unhas imaxes do que imos empezar a traballar dende o luns.
Unha vez máis o concello de TOMIÑO propón un xeito moi especial de conmemorar esta data tan especial.
Iniciamos un novo ano e seguimos facendo experiencias científicas que nos fagan ver como necesitamos coidar a nosa contorna e trasmitir aos maiores a importancia de facer ben a recollida de residuos...
A natureza absorbe o que nos lle botamos e para demostralo facemos un experimento coa auga, colorante, papel...
Imaxinamos que a pecera é o mar, e nos vasos botamos colorante que representa o lixo, as augas residuais que botamos descontroladamente... e vemos como pode chegar aos ríos e logo ao mar contaminando por onde pasa. Con CIENCIA ecolóxica.
No mes das ilusións, esperanzas, agasallos... no club de ciencia quisemos aplicar unha vez máis a Con CIENCIA ecolóxica e fixemos coa mestra de Educación Física xoguetes moi interesantes e super divertidos...Pero o máis importante é o material que empregamos para facelo...
Deixámosvos uns enlaces para que vexades os videos nos que nos apoiamos para saber facelo todos e todas incluso os compis dende casa, e unhas fotiños cos preparativos.