sábado, 21 de novembro de 2020

Novembro, mes da Ciencia

Iniciamos as actividades do "Club de Ciencia"por terceiro ano consecutivo, lembrando o mes máis científico do ano, novembro.

Solicitamos para todo o centro as actividades propostas por Afundación. A semana pasada os alumnos e alumnas dos cursos de  infantil, 1º, 2º e 3º realizaron as actividades deseñadas e programadas para estes grupos sobre robótica básica. Proximamente será o alumnado dos cursos de   5º e 6º  os que gocen destas propostas científicas sobre electrónica básica e programación de microbit. Será o vindeiro 3 de decembro.

Ao remate da programación, difundiremos a través dun vídeo, momentos salientables destas interesantes, motivadoras e educativas actividades.


Deixámosvos un enlace moi interesante do mes da ciencia nas Bibliotecas Escolares.
Fai clic na imaxe.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/ciencia/index.php