sábado, 11 de xuño de 2022

Dron no " TURONIA ""

Un ano máis fixemos o Turonia, e este ao contamos unha vez máis cos Drons de Martín pero que  non deixa de  sorprendernos coa información tan clariña que nos explica. 

Deíxovos un pequeno video.



xoves, 26 de maio de 2022

"Científicos locos. Locos pola ciencia"

 E neste fin de curso imos facer pequenos proxectos individuais e grupais de xeito práctico onde veremos que a ciencia é divertida, fácil, sinxela...e ao memso tempo moi moi Importante!!!



venres, 29 de abril de 2022

Mes de Abril-Pilulas científicas

Ás veces resulta interesante facer "Ciencia Espres" e experimentar cousiñas moi sinxelas para ver que podemos ser grandes científicos sen demasiadas cousas pero con moito interés e creatividade...

"A CIENCIA MOLA"






xoves, 21 de abril de 2022

Deseño 3D

O alumnado de 5º e 6º coa a colaboración de Luis do CENTRO GALEGO de ROBÓTICA, tiveron dúas sesións superinteresantes de deseño en 3D, a través da aplicación Tinkercard

O alumnado traballou con moito esmero e con esforzo  e con paciencia acadou o seu primeiro deseño, un Chaveiro moi especial!!



sábado, 2 de abril de 2022

Video do 3º reto do grupo "Mil Mentes"

 E aquí vai o video do grupo "Mil mentes"




Videos do 3º reto de Galiciencia

Aquí deixovos os dous videos feitos pola rapazada de 6º...

Recordade que trata da ECONOMÍA CIRCULAR e eles estiveron pensando que cousiñas no noso entorno escolar e familiar poderíamos cambiar e así decidiron o seguinte:

  • Un grupo quere reutilizar o material escolar que imos tirar.
  • Outro grupo pensou como poderíamos reutilizar a auga que mal gastamos.
Previamente a este video curioso, propuseron no 2º reto como solucionar os problemas mencionados anteriormente.





Concurso de GALICIENCIA

 Un grupo de alumnos e alumnas de sexto de primaria están participando en GALICIENCIA concretamente no "DESAFIO CIENTÍFICO".

A actividade consiste en participar en tres retos distintos sobre Economía circular.

Aquí tedes a explicación da actividade:


O 3º reto consiste en subir uns videos ás redes sociais pero nós no cole non temos... entón imos subilos aquí, e decidimos facer un video cortiño e graciosos sobre a resolución do 2º reto.







sábado, 12 de febreiro de 2022

sábado, 5 de febreiro de 2022

CONMEMORANDO o 11F no club de ciencia

 Esta semana vai ser moi especial e teremos algunha sorpresiña "moi robótica".

Aquí tedes unhas imaxes do que imos empezar a traballar dende o luns.








SEMANA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 Unha vez máis o concello de TOMIÑO propón un xeito moi especial de conmemorar esta data tan especial.

PARTICIPADE!!!Cliqueade na imaxe para mías información.


xoves, 3 de febreiro de 2022

11f- Ciencia con " A" feminina

 Empezamossss!!!
Unha semana moi especial!!
Desfrutemos coa ciencia en feminino!!!



Xaneiro coidando o medio

Iniciamos un novo ano e seguimos facendo experiencias científicas que nos fagan ver como necesitamos coidar a nosa contorna e trasmitir aos maiores a importancia de facer ben a recollida de residuos...

A natureza absorbe o que nos lle  botamos e para demostralo facemos un experimento coa auga, colorante, papel...

Imaxinamos que a pecera é o mar, e nos vasos botamos colorante que representa o lixo, as augas residuais que botamos descontroladamente... e vemos como pode chegar aos ríos e logo ao mar contaminando por onde pasa.  Con CIENCIA ecolóxica.









mércores, 19 de xaneiro de 2022

Decembro "XOGAMOS conCIENCIA ecolóxica"

 No mes das ilusións, esperanzas, agasallos... no club de ciencia quisemos aplicar unha vez máis a Con CIENCIA ecolóxica e fixemos coa mestra de Educación Física xoguetes moi interesantes e super divertidos...Pero o máis importante é o material que empregamos para facelo...

Deixámosvos uns enlaces para que vexades os videos nos que nos apoiamos para saber facelo todos e todas incluso os compis dende casa, e unhas fotiños cos preparativos.